Calendar

May 2012
MonTueWedThuFriSatSun
 << < > >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Announce

Who's Online?

Member: 0
Visitor: 1

rss Syndication

11 Dec 2008 

STUDENT OF THE MONTH

ola, son Minia e vouvos contar a historia de como me convertín en student of the month: un bo día  pola mañá en clase Mrs. Armstrong anunciou "Os students of the month da nosa clase van ser Cary, por atender ao seu traballo e mellorar a súa letra; Marcos, por mellorar o seu comportamento; e Minia, por todo: por ser unha boa amiga, atender ao seu traballo, ser unha persoa amable... por todo". Deume un sobreciño no que puña "para os pais de Minia Monteagudo" que traía unha nota que falaba de porque eu era student of the month e da data do acto na que me ían dar o diploma e unha foto coa profesora. O venres, que é ese día, haberá máis detalles e algunha que outra fotiño.
E colorín colorado este conto está rematado (polo de agora).

STUDENT COUNCIL ASEMBLY


Hoxe tivemos no colexio a student council assembly, na cal os candidatos a presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e ice-cream manager dan os seus discursos para que mañá nós poidamos decidir a quen preferimos votar. Só os de 4º e 5º grao poden votar, e os de 6º son os únicos que poden presentarse. a sala estaba chea de carteis nos que puña cousas como "be cool, vote por Sam", "Kristen and Emma for ice-cream managers". Nos colexios públicos de España tamén debería haber estudantes que puidesen dar a súa opinión e estar un pouco ao cargo.

MiNiA m.V


minia · 1005 views · 1 comment
08 Dec 2008 
Ben, non quería pasar sen engadir algunha cousa ao que xa dixo Einés. Por exemplo, iso de que as familias levemos cookies para tomar con café no descanso ¡encántame este costume de aquí da autoxestión! O espectáculo era... moi espectacular, que é o que lles gusta a eles, pero o certo é que Lisa o monta ben. As nais non poden entrar no backstage, agás tres ou catro encargadas especificamente de estaren alí botando unha man ás rapazas. Non se poden facer fotos: Lisa pon unha cita un par de semanas antes, as rapazas vístense como para actuar e vai á escola unha fotógrafa profesional que toma unhas fotos guai; así evítase ter unha morea de pais e nais inzando o día da actuación, incordiando ás artistas e ás familias que queren ver o show.
Unha semana antes, Lisa pasa unha lista de traballos para facermos as familias para que a xente se ofreza voluntaria: repartir programas, axudar no backstage, servir os cafés... nós librámonos porque eu me apuntei a repartir programas pero aviseille que tivese en conta as limitacións idiomáticas e, non sei porqué, fíxolle tanta graza que nos 'liberou' de currar (ben, a verdade é que hai familias abondas).
Este país descoñece a envexa. Onte e hoxe achegáronseme varias nais que, sen coñecerme de nada, me dicían "ai, ti es a nai das nenas españolas, son un encanto, que ben bailan, son saladísimas" (supoño que é unha tradución posible para "so cute"), etc..... Esas cousas agradécense moito (á marxe de que a unha lle caia a baba).

A anécdota do día foi que cando saiamos para o show apareceron na porta os veciños do lado, moi educados, presentándose. Eu asalteinos coas bicis, porque estamos tentando vendelas e pensei que viñan mercalas pero non: querían se lles podíamos facer unha foto para unha Christmas card. Alá foi Quique, e eu pensando que deixaran o bebé na casa, pero non. Non se querían fotografar cun bebé, senón con cadansúa chinchilla no colo. Quique facendo fotos, e eles veña a arrumacos cos bichos. [Nota do fotógrafo: para máis, a cámara fotográfica traballaba mal, e estivemos dez minutos veña coas fotos, repetindo instantáneas, eu, francamente, non daba creto]. Cousas veredes...

Estes días pasados lembrámonos moito de Christine, porque Einés estaba a ler no High School "Mice and men" de Steinbeck, e seica é un dos autores favoritos de Christine. Pois que saibas que a Einés gustoulle moito.

E xa corto. Mañá vou facer tortilla para 70 adolescentes (a ver se polo menos lle toca a proba a cada un), seguindo co da autoxestión. Einés ten ensaios de coro pola tarde, e unha nai prestouse voluntaria para organizarlles merendola (isto vai ser toda a semana), coas contribucións das familias, porque os rapaces van botar alí o día. A Einés facíalle chiste o da tortilla. Xa vos contarei.

LOLI
loli · 451 views · 9 comments
02 Dec 2008 
Fomos ao pazo Huntington, vimos o Japanese e Chinese Gardens, unha morea de bonsais e  un bosque de bambú. Tamén había un Rose Garden, un Shakespeare Garden -que xa non vimos- e unha exposición sobre Darwin e outra sobre historia da ciencia que falaba de medicina, a evolución, a exploración do espazo... A biblioteca estaba moi ben, tiña toda a historia dos libros, e tamén falaba da historia de América, da inmigración... Na bookstore comprei un regaliño para unha das miñas amigas e algúns outros para outra xente.

O Huntington foi case o que máis me gustou de Los Angeles, pero os museos gustaronme máis. Sobre todo o LACMA, con aquelo de Vanity Fair e o das artes contemporaneas.


MiNiA m.V
minia · 344 views · 8 comments
24 Nov 2008 
Fin de semana tranquilo, quentando motores para marchar este próximo martes a LA, a celebrar Thanksgiving e turistear un pouco. Por certo, que os supermercados ofrecen xa todas as posibilidades que poidades imaxinar para montar un menú típico en plan práctico, con todo tipo de precociñados e empaquetados. Era o tal para min, así ata eu monto unha cea de Thsnksgiving.
Onte, Einés foi ao cine cunha amigas do High School e Minia botou medio día cunha panda de aqui, xogando a montar un farmer's market no parque da urbanización: tiñades que oíla, voceando a mercadoría...en inglés, claro. E tiñades que vela o venres, ceando aquí na casa con esa mesma panda uns pancakes con nutella que lles prepaou Einés: faime moita graza porque o seu amor propio leva fatal os meus chapuceos no inglés, e ponse toda tensa e corríxeme cando meto o zoco.
Rematou unha semana rara, porque na escola de Minia saían antes para que os profes tivesen xuntanzas informativas cos pais. A cousa é un pouco vendida (ai, o ensino público, que difícil pon en todas partes a famosa conciliación), porque a solución que che dan é que os nenos queden ver unha película que proxecta a asociación de pais e nais, pagando 5 dolares por día, diñeiro que logo vai para financiar as excursións da escola. A Minia o de quedarse á movie non lle chistaba nada polo inglés, porque segundo ela eran pelis moi infantís, e porque quedaban moi poucos nenos. ¡Con ese prezo! Pensade que na aula de Minia case as tres cuartas partes son hispanos, e moitos deles en situación ilegal.
Nós tamén fomos falar con Mrs. Armstong, que está chocha coa nena e quere que lla deixemos quedar. Di que é "cool, cute and clever". Insiste en que seu o progreso no inglés é tan excepcional que "seguramente Minia, cando chegou, sabía máis inglés do que ela (a profe), pensou". Xa lle dixemos que diso nada. En xeral, o profesorado co que estamos a ter relación semella estar moi a gusto co seu traballo e adicarlle moito tempo e esforzo, algo que comentou Einés e no que nós concordamos. Dito sexa de paso, o programa de recrutamento de profesorado para high school chámase "Teaching for America" e andan estes días a anuncialo polo campus.
Na facultade, tocou atender alumnos, que logo do exame de mid term e xa coa data do final aí enriba, empezan a poñerse as pilas. Nalgún caso, tocou exercer de conselleira, que ás veces parece ser que é para o que lle pagan a unha. O nivel é desigual: dende xente case incapaz de captar e expresar unha idea abstracta a un grupo máis interesado, centrado e perspicaz no que claro, hai varios anglos. Dos problemas que temos cos alumnos hispanos xa falará Quique, que ten o asunto máis teorizado.
Hoxe fomos visitar a Misión de Sta. Barbara que, malia ser unha das máis importantes de California, non está moi ben montada en plan turístico, dá unha certa sensación de abandono que deriva en irritación cando te decatas dos termos propagandísticos en que están redactados os folletos informativos que che regalan. Ah, están alí enterrados 40.000 indios chumash, que eran a tribu que habitaba estas terras antes da chegada dos misioneiros e estes foron tan boíños que seica lle ensinaron aos indios a cultivaren as terras (ou sexa, que os converteron nos seus criados) a e ¡a tocar instrumentos musicais europeos! coma se eles non tivesen os seus propios medios de expresión artística, dos que se conserva boa memoria no Museo de Historia Natural de Sta. Barbara. Logo tocou visitar o zoo, non iamos marchar de aquí sen velo. Outro máis para a colección. Pero o noso favorito segue a ser o do Bronx.

En fin, como se di por aquí, Happy Thanksgiving!

LOLI
loli · 230 views · 11 comments
23 Nov 2008 
Xa vimos os famosos racoons ,2 adultos entraron no noso xardín o outro día,eran "so cute".
MiNiA M.v

A verdade, eu pensei que saían máis tarde, pero eran só as 8.30 PM. Parecéronme grandes, case coma porquiños pequenos, quizais porque por aquí deben andar ben alimentados. E xa vedes que non se cortan nada en achegarse á civilización.

LOLI
minia · 232 views · 5 comments

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9  Next page