02 Nov 2008
Prometeramos unha reportaxe especial de Halloween, e ademais temos preguntas que responder sobre a festa, e unhas cantas fotos para pendurar. Como axiña veredes, Halloween resultou para os maiores máis ben unha festa de difuntos. Qk
31 Oct 2008
Estamos chegando xusto ao medio e medio da nosa estadía, Loli dando parolas no Oxy, eu palicando nos coloquios de Lingüística da UCSB, Minia facendo a excursión en barco de vela (TALL SHIP), e Einés preparándose para saír en Halloween. Andamos a tope!!
30 Oct 2008
si, xa se que somos uns pesados pero e que...onte estiven dando unha charla (ou 'presentacion' como eles lle chaman aqui) en Occidental College, en LA. Sabedes quen estudou ali? pois claro, Obama!!! fixo ali os dous primeiros anos de universidade, antes de marchar a Columbia, e eles reivindicano moito como alumno seu. Ben, a marxe da anecdota so queria comentar un chisco iso dos 'colleges', que son universidades privadas que non imparten postgrado, e dicir, ali non se pode facer doutoramento. O campus de Occidental (eles chamanlle Oxy, xa sabedes que lles encantan as abreviaturas), idilico, seica alugan alguns edificios e xardins para vodas e para filmar pelis. A charla, moi ben, con cafe e cookies, estudantes que preguntaban e profes que ao final se quedaban un rato de cortesia a parolar e se despedian con moita xentileza e cerimonia dandoche a man. Todo moi agradable, grazas a Silvia e ao seu colega Robert, profe de Oxy, que o organizou. Contaronme que un curso en Oxy, con matricula e aloxamento, esta arredor dos 50.000 dolares. Para compensar, unha das alumnas que veu ao final a facerme preguntas resultou ser unha mexicana que ten unha bolsa dun programa de Bill Gates que lle financia toda a carreira. E o college, que imparte todas as carreiras, ten algo menos de 2.000 alumnos!!!
Non sabia moi ben se sentir envexa ou un chisco de repelus ante aquel invernadeiro onde se educaba con mimo aquela rapazada...
Preguntan que tal se ve por aqui o das eleccions. Abalamos entre o optimismo desaforado de moitos, a pose esceptica dalguns comentaristas matinais que se confesan irritados porque "parece que Obama xa esta escollendo a cor das cortinas da Casa Blanca" e o medo de moitos: seica hai unha opcion de voto anticipado por ordenador na que xa se detectaron fraudes. Para mais, toda a movida dos nazis eses que andaban a argallar un atentado. O FBI debe estara tope estes dias, o pais non aturaria outro magnicidio como os dos Kennedy.
Loli