Calendar

February 2010
MonTueWedThuFriSatSun
 << < > >>
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728 

Announce

Who's Online?

Member: 0
Visitors: 2

rss Syndication

13 Dec 2008 







Pois si, ¡co pouco que me gustan a min! e vai de despedidas. O xoves, na escola de ballet de Minia. Hoxe, na escola, aproveitando a cerimonia de student of the month. Houbo as habituais fotos, intercambio de enderezos, apertas e algunha que outra lagrimiña (teño que dicir que Minia leva un par de días desolada e con dor de barriga crónica con isto de ter que marchar). Por sorte, pola tarde enganchou coa panda da urba. Apareceron uns coelliños fugados dalgunha gaiola que son coma de algodón...e os cativos adícanse a pasealos nas carretas que a xente usa para levar a roupa á lavandería.
Á noitiña, o concerto de Nadal do coro do high school, e mais do combo e o grupo de jazz. ¡Que voces! O auditorio seica custou 14.000.000 de dólares (o dato déunolo a counselor de Einés -a arxentina descendente de galegos da que falamos ao comezo do blog- que veu escoitar o concerto e despedirse de nós. Xa podedes imaxinar como é a sala, e que acústica ten. Todo coma sempre: pais/nais organizando e axudando (a nós tocounos recoller tickets á entrada), no descanso venda de cookies, muffins e e demais doazóns familiares para recadar fondos...Como os axudantes tiñamos que ir con moita antelación para preparar todo tiven ocasión de falar con varias nais, e acabei convencéndome da sorte que tivemos co high school; seica Dos Pueblos é o mellor de Sta. Bárbara. moita xente leva alí os seus fillos e fillas aínda que lles quede lonxe por iso, e porque lle prestan moita atención ás performings arts. Aínda que aquí, como me recoñecía outra nai que é mestra nunha escola primaria, préstanlla en todas partes e en todos os niveis educativos. Xa se sabe, o palleiro non se fai sen palla ou, dito doutro xeito: se hai paus, pódense facer machados.

Deixamos aquí testemuñas gráficas de ambos actos que contribuíron a elevar o nivel de emotividade destas despedidas.

(Nós tamén tivemos a nosa nuns pinchos que houbo no departamento, pero tivo menos graza. Ben, agás o discurso de David, un dos administrativos, explicando como se sentía tras un ano nesete posto, que supuxo para el unha promoción profesional. ¡O discurso foi máis longo có do director do departamento!)
loli · 159 views · 8 comments
11 Dec 2008 

STUDENT OF THE MONTH

ola, son Minia e vouvos contar a historia de como me convertín en student of the month: un bo día  pola mañá en clase Mrs. Armstrong anunciou "Os students of the month da nosa clase van ser Cary, por atender ao seu traballo e mellorar a súa letra; Marcos, por mellorar o seu comportamento; e Minia, por todo: por ser unha boa amiga, atender ao seu traballo, ser unha persoa amable... por todo". Deume un sobreciño no que puña "para os pais de Minia Monteagudo" que traía unha nota que falaba de porque eu era student of the month e da data do acto na que me ían dar o diploma e unha foto coa profesora. O venres, que é ese día, haberá máis detalles e algunha que outra fotiño.
E colorín colorado este conto está rematado (polo de agora).

STUDENT COUNCIL ASEMBLY


Hoxe tivemos no colexio a student council assembly, na cal os candidatos a presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e ice-cream manager dan os seus discursos para que mañá nós poidamos decidir a quen preferimos votar. Só os de 4º e 5º grao poden votar, e os de 6º son os únicos que poden presentarse. a sala estaba chea de carteis nos que puña cousas como "be cool, vote por Sam", "Kristen and Emma for ice-cream managers". Nos colexios públicos de España tamén debería haber estudantes que puidesen dar a súa opinión e estar un pouco ao cargo.

MiNiA m.V


minia · 152 views · 1 comment
08 Dec 2008 
Ben, non quería pasar sen engadir algunha cousa ao que xa dixo Einés. Por exemplo, iso de que as familias levemos cookies para tomar con café no descanso ¡encántame este costume de aquí da autoxestión! O espectáculo era... moi espectacular, que é o que lles gusta a eles, pero o certo é que Lisa o monta ben. As nais non poden entrar no backstage, agás tres ou catro encargadas especificamente de estaren alí botando unha man ás rapazas. Non se poden facer fotos: Lisa pon unha cita un par de semanas antes, as rapazas vístense como para actuar e vai á escola unha fotógrafa profesional que toma unhas fotos guai; así evítase ter unha morea de pais e nais inzando o día da actuación, incordiando ás artistas e ás familias que queren ver o show.
Unha semana antes, Lisa pasa unha lista de traballos para facermos as familias para que a xente se ofreza voluntaria: repartir programas, axudar no backstage, servir os cafés... nós librámonos porque eu me apuntei a repartir programas pero aviseille que tivese en conta as limitacións idiomáticas e, non sei porqué, fíxolle tanta graza que nos 'liberou' de currar (ben, a verdade é que hai familias abondas).
Este país descoñece a envexa. Onte e hoxe achegáronseme varias nais que, sen coñecerme de nada, me dicían "ai, ti es a nai das nenas españolas, son un encanto, que ben bailan, son saladísimas" (supoño que é unha tradución posible para "so cute"), etc..... Esas cousas agradécense moito (á marxe de que a unha lle caia a baba).

A anécdota do día foi que cando saiamos para o show apareceron na porta os veciños do lado, moi educados, presentándose. Eu asalteinos coas bicis, porque estamos tentando vendelas e pensei que viñan mercalas pero non: querían se lles podíamos facer unha foto para unha Christmas card. Alá foi Quique, e eu pensando que deixaran o bebé na casa, pero non. Non se querían fotografar cun bebé, senón con cadansúa chinchilla no colo. Quique facendo fotos, e eles veña a arrumacos cos bichos. [Nota do fotógrafo: para máis, a cámara fotográfica traballaba mal, e estivemos dez minutos veña coas fotos, repetindo instantáneas, eu, francamente, non daba creto]. Cousas veredes...

Estes días pasados lembrámonos moito de Christine, porque Einés estaba a ler no High School "Mice and men" de Steinbeck, e seica é un dos autores favoritos de Christine. Pois que saibas que a Einés gustoulle moito.

E xa corto. Mañá vou facer tortilla para 70 adolescentes (a ver se polo menos lle toca a proba a cada un), seguindo co da autoxestión. Einés ten ensaios de coro pola tarde, e unha nai prestouse voluntaria para organizarlles merendola (isto vai ser toda a semana), coas contribucións das familias, porque os rapaces van botar alí o día. A Einés facíalle chiste o da tortilla. Xa vos contarei.

LOLI
loli · 128 views · 2 comments
08 Dec 2008 

Eu, de florciña


Minia, soldadiño do Nutcraker



Pois esta fin de semana, despois dunha tempada de ensaios intensivos polas tardes no Auditorium do San Marcos High School, fixemos o noso Nutcraker!! Estivo todo moi ben, a organización perfecta, e foi unha despedida xenial das compas de ballet, que vou botar moito de menos. O sábado viñeron vernos Melisa e Titi, veciños da urba, e hoxe Gloria, a muller dun profe da UCSB. O ballet é moi navideño, fano tódolos anos e moitas familias teñen tradición de ir velo. Lisa teno todo moi ben montado, ti alugas os traxes, que son dela (evidentemente usa os mesmos tódolos anos), dependendo do nivel no que esteas tócache ser unhas persoaxes ou outras, eu fun unha flor e participei na Snow Scene. O día da actuación cada rapaza leva unhas cookies ou algo así para que tome o público durante o descanso. Foi realmente divertido, aínda que hai que dicir que o nivel técnico non é coma o de Gail, e unha experiencia moi americana. Ó rematar fomos despedirnos da profe e regalounos a Minia e a min cadanseu conto do Nutcraker asinado con dedicatoria polas nosas compas (hai que ver que majos son estos americanos).




eines · 142 views · 4 comments
06 Dec 2008 







Minia monteagudo vilavedra quedou coma unha das segundas da categoría feminina de cuarto grado!!! Yupiii !!!   
A min déronme unha medalla, e unha banda honorífica a todos os participantes.
O lazo que tiña a medalla para colgala do pescozo era cos colores da bandeira americana.

MiNiA m.V
minia · 240 views · 10 comments

1, 2, 3 ... 7 ... 14  Next page